intervidos 25 quilos de haxix e detidas tres persoas na Coruña

Os investigados, que ingresaron en prisión, realizaban tamén vendas noutras provincias.

Por E.P. | A Coruña | 29/10/2020 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a tres persoas na Coruña por un delito contra a saúde pública, no marco dun operativo antidroga no que se interviñeron 25 quilos de haxix e quilo e medio de cocaína, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia.

A investigación iniciouse no principio do ano por axentes adscritos á Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón e á O.D.E.C.O da Coruña. Os investigados dedicábanse á venda de diferentes tipos de sustancias estupefacientes, "vendas que realizaban tanto outros subministradores doutras provincias como polo miúdo na propia cidade da Coruña".

Froito das xestións de investigación logrouse identificar un dos puntos de abastecemento, concretamente de haxix, situado na provincia de Huelva, lugar ao que se desprazaba periodicamente un dos detidos para concretar os acordos.

REXISTROS

Tamén se conseguiu identificar varios dos puntos de ocultación de sustancias estupefacientes do grupo, e interceptouse a compradores do grupo coas sustancias adquiridas. Por iso, procedeuse á detención dos autores e ao rexistro das súas vivendas.

Nos devanditos rexistros lográronse intervir máis de 25 quilos de haxix, máis de 1,5 quilos de cocaína, 40 gramos de MDMA, ademais de pequenas cantidades de ketamina, marihuana, speed e máis de 2 quilos de sustancia de corte, sustancias que foron remitidas para a súa análise ao laboratorio de Sanidade da Subdelegación do Goberno. Igualmente, incautáronse máis de 22.000 euros en efectivo, varias básculas de precisión e cinco vehículos.

As dilixencias policiais tramitadas e os tres detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número tres da Coruña, que decretou o ingreso en prisión provisional de todos os implicados.

Droga e outros efectos intervidos nun operativo na Coruña. XEFATURA SUPERIOR DE POLICIA DE GALICIA
Droga e outros efectos intervidos nun operativo na Coruña. XEFATURA SUPERIOR DE POLICIA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta