Un veciño de Verín ameaza cun coitelo a axentes tras organizar unha festa con 30 persoas

O home atrincheirouse na súa vivenda durante case un día.

Por Galicia Confidencial | Verín | 30/10/2020 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Un veciño de Verín, identificado como I. D. S. P., de 30 anos, foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de ameazas e desobediencia grave, logo de organizar unha festa ilegal no baixo da súa vivenda da localidade de Queizás, na que participaban unhas 30 persoas. Os feitos, tal e como informa DdT, ocorreron na noite do pasado día 27 cando os axentes tiveron coñecemento de que a esa casa da aldea verinense non deixaban de acudir persoas.

A colaboración cidadá alertou aos axentes da Garda Civil, que se personaron no domicilio do detido para identificar a cada un dos asistentes e levantar as oportunas actas de denuncia. Cando realizaban o seu traballo, o dono da vivenda comezou a increpalos e ameazalos incluso cunha arma branca e os gardas civís saíron ao exterior do domicilio para pedir reforzos ante a actitude do seu titular.

Os axentes, xa en máis número, tentaron acceder de novo pero o dono da casa non llo permitiu, atrincheirándose na vivenda ata o solpor do día 28, no que depuxo a súa actitude e pasou a disposición xudicial logo de permanecer detido no calabozo do cuartel de Xinzo de Limia.

A Garda Civil nun control
A Garda Civil nun control | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta