Temas: CINEMA

A Mostra de Cinema Periférico clausura a súa undécima edición chegando a máis de 56 países

Por E.P. | A CORUÑA | 30/10/2020 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A Mostra de Cinema Periférico (S8) clausurou a súa undécima edición, un mes despois do seu inicio e tras finalizar o seu taller de inclusión social Xpresa, nun ano no que as súas propostas chegaron a máis de 56 países.

"Unha edición que xerou de novo un punto de encontro e inspiración para profesionais da creación e na que se combinaron diversas performances, encontros e proxeccións na cidade da Coruña cunha serie de formatos de produción propia deseñados para a súa emisión a través da web e as redes sociais do festival", remarcan os organizadores.

Co novo formato dual ideado para esta edición, na que se esgotaron as entradas en todas as sesións presenciais, os promotores da Mostra explica que quixeron reivindicar "o seu espírito divulgativo chegando a todos os os recunchos da rede con contidos en galego, castelán e inglés".

"Fíxoo a través de propostas en liña innovadoras que atenderon á capacidade de reacción que pedía a situación actual", apuntan sobre o contexto de pandemia.

Os responsables da Mostra de Cinema Periférico, que celebrará a súa próxima edición do 28 de maio ao 6 de xuño do 2021, avanzan que "continuarán traballando en novos formatos para converterse de novo en epicentro da creación cinematográfica de vangarda".

Presentación da Mostra de Cinema Periférico. ANDY PEREZ - Arquivo
Presentación da Mostra de Cinema Periférico. ANDY PEREZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta