Sanidade pide aos estudantes que queden onde residen e non volvan ao domicilio familiar para evitar riscos

"Sería unha mágoa", di sobre os posibles desprazamentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade pide aos estudantes universitarios que queden onde residen cando cursan estudos e non regresen este fin de semana aos domicilios familiares co fin de limitar os movementos e evitar riscos ás súas familias.

Así o manifestou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar as medidas acordadas polo subcomité clínico este venres ante a situación epidemiolóxica de Galicia, na que se acordou o peche perimetral das seis grandes cidades galegas restantes --Ourense xa o mantiña previamente-- ata, polo menos, o martes con motivo da festividade de Todos os Santos e Defuntos.

Comesaña explicou que o peche perimetral permite aos estudantes regresar aos seus domicilios familiares "co DNI" --onde estean empadroados-- desde onde residen cando cursas os seus estudos. "Espero que non o fagan, sería unha mágoa", apelou o conselleiro.

Neste sentido, puntualizou que coas medidas acordadas este venres trátase de "limitar a mobilidade e salvar vidas", polo que apela aos estudantes para que non se despracen" e non poñan "en risco á súa familia".

"Apelamos a que calquera aplique o sentido común", insistiu Comesaña, para insistir que se limita a mobilidade para evitar contaxios "Anímoos a que permanezan nos seus domicilios cos convivientes cos que están agora e non expoñan ás súas familias", concluíu.

Aula da Universidade de Vigo
Aula da Universidade de Vigo | Fonte: UVigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta