A Deputación da Coruña pide a Xunta e Goberno central que garantan a viabilidade das plantas de Gamesa e Alu Ibérica

Apoia a "intervención temporal" da fábrica da antiga Alcoa.

Por E.P. | A Coruña | 30/10/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña instou a Xunta de Galicia e ao Goberno central a tomar as medidas necesarias que permitan a continuidade da actividade na planta de Siemens-Gamesa, nas Somozas, e de Alu Ibérica, na Coruña.

Protesta de traballadores de Siemens Gamesa
Protesta de traballadores de Siemens Gamesa | Fonte: Europa Press

Fíxoo, na sesión plenaria celebrada este venres e a través de senllas declaracións institucionais. En relación a Gamesa, solicítase ao Ministerio de Industria "que cumpra o seu compromiso de auditar a situación económica e fiscal da planta".

O pleno apoia tamén a necesidade de crear "unha mesa de traballo para estudar a viabilidade da planta na que participen tanto a parte empresarial como o comité e a administración local e autonómica".

No caso de Alu Ibérica, reclama que se audite o proceso de traspaso de Alcoa ao fondo suízo Parter e, posteriormente, ao Grupo Industrial Riesgo, "de forma que se determine se as operacións de traspaso vulneraron os acordos alcanzados".

Tamén se plasma o apoio da Deputación aos traballadores "ante os reiterados incumprimentos por parte do Grupo Riesgo das súas obrigas en materia de emprego e produtividade", aí como a "intervención temporal desta fábrica por parte do Estado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta