Un bombeiro resulta intoxicado por inhalación de fume no incendio dunha casa en Laza

Tivo que ser atendido polos efectivos sanitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Un bombeiro que participaba nos labores de extinción dun incendio declarado nunha casa no municipio ourensán de Laza resultou intoxicado por inhalación de fume e tivo que ser atendido polos efectivos santiarios. Sucedeu na tarde do pasado venres, cando o CIAE 122 Galicia recibiu, ao fío das 19,30 horas da tarde, unha chamada na que alertaban dun incendio nunha casa situada na Rúa do Barrio.

Antes da chegada dos efectivos de emerxencias, os veciños da zona trataron de sufocar as chamas con mangueiras. Unha vez alí, os bombeiros procederon a extinguir o incendio, que consumiu por completo a casa. Un dos operarios dos bombeiros tivo que ser atendido polos profesionais sanitarios, que procederon ao seu traslado cun cadro de intoxicación por inhalación de fume.

ARDE UN ALPENDRE EN ARTEIXO

Por outra banda, horas despois deste suceso, un incendio arrasou un alpendre na localidade coruñesa de Arteixo, segundo informa o CIAE 112 Galicia. O suceso, que se saldou sen persoas feridas, tivo lugar pasadas as 23,00 horas do venres no interior do recinto dunha fábrica do polígono de Sabón. O lume afectou a un alpendre que albergaba cartóns e outros aveños. As chamas foron sufocadas despois da medianoite.

Incendio forestal en Galicia, bombeiros e veciños dos pobos tentando apagar o lume prendido nos montes galegos (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo
Incendio forestal en Galicia, bombeiros e veciños dos pobos tentando apagar o lume prendido nos montes galegos (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta