Aberto o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de ensinos artísticos profesionais

Hai 6 premios para música, danza, artes plásticas e deseño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o prazo para presentarse aos premios extraordinarios nos ensinos artísticos profesionais nas modalidades de Música, Danza e Artes plásticas e Deseño. Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para optar a estes galardóns finalizará o 30 de novembro.

A Consellería de Cultura fixa un total de seis galardóns, a razón de tres para a modalidade de Música, dúas na modalidade de Artes plásticas e Deseño, e un na modalidade de Danza.

O aeroporto e as estacións de tren e autobús de Santiago acollen este luns o programa 'Danza en Tránsito'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O aeroporto e as estacións de tren e autobús de Santiago acollen este luns o programa 'Danza en Tránsito'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta