Interceptado un home de avanzada idade que circulaba en sentido contrario na Coruña

O suceso tivo lugar nas inmediacións do centro comercial Marineda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Un home de avanzada idade permanece investigado pola Garda Civil de Tráfico por un suposto delito contra a seguridade viaria tras ser interceptado circulando en sentido contrario pola AC-14, na terceira rolda á altura do centro comercial Marineda.

Imaxe da vía de acceso ó Marineda City nas datas en que se produciu un incendio detrás do centro comercial.
Imaxe da vía de acceso ó Marineda City nas datas en que se produciu un incendio detrás do centro comercial.

Os feitos sucederon tras recibir varias chamadas de alerta na central do Subsector da Coruña, unha delas de dous gardas civís francos que circulaban coas súas familias por esta vía.

Os operadores de Tráfico activaron o protocolo existente para estas situacións, alertando ás patrullas en servizo sobre esta incidencia. Os efectivos desprazados ao momento constataron que o vehículo xa abandonara a estrada, pero aínda así foron capaces de localizalo grazas aos testemuños solicitados.

Por estes feitos, a Garda Civil abriu unha investigación contra o condutor, un home de avanzada idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta