Sanidade asegura que "con carácter xeral" non hai contaxios en colexios logo de informar de 1.000 positivos

Os casos activos en aulas marcaron un novo récord este sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña asegurou este domingo nunha entrevista coa Radio Galega que "con carácter xeral" non se están producindo contagios nos colexios, onde cre que os protocolos de seguridade, co uso de máscara e a ventilación como puntos principais, están a funcionar.

Fotos Xunta /Sanidade / Rp. Comité Clínico.. Xunta de Galicia
Fotos Xunta /Sanidade / Rp. Comité Clínico.. Xunta de Galicia

"Os datos que temos nós é que, con carácter xeral, non hai contagios nos colexios", aseverou o conselleiro, que afirmou que aqueles alumnos que se contaxian "son identificados rapidamente" e actúase con corentenas e peches que "dan resultado", destacou. A afirmación de Comesaña contrasta cos datos da propia Consellería de Sanidade, que na xornada do sábado informou de máis de 1.000 estudantes contaxiados.

Preguntado pola posibilidade de instalar sistemas de ventilación nas aulas, o titular de Sanidade remarcou que decisións deste tipo deben adoptarse baixo "criterios técnicos". "Cando a ventilación cruzada non se poida dar, a alternativa debe contar cun estudo técnico rigoroso", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta