Un 30% dos chamados ás probas en Muros volven ausentarse no segundo día de cribado

O obxectivo era detectar casos asintomáticos entre persoas de 30 e 50 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O cribado para detectar casos asintomáticos entre a poboación do municipio coruñés de Muros de entre 30 e 50 anos concluíu este domingo cunha participación do 70 por cento. Así, segundo informa a xerencia da área sanitaria de Santiago --na que se integra a localidade muradá--, acudiron ao centro de saúde 1.260 das 1.780 persoas citadas ao longo deste fin de semana. Noutras palabras: hai 520 persoas fóra do radar do Sergas.

Por contra, unhas 300 persoas do rango de idade ao que estaba dirixido o cribado non puideron ser localizadas por non estar actualizados os seus datos sanitarios, polo que as autoridades apelan a que, especialmente nun momento como o actual, os cidadáns comproben que o número de teléfono vinculado ao seu cartón sanitario é o correcto.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo), onde hai 28 infectados por Covid19 nun edificio, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo), onde hai 28 infectados por Covid19 nun edificio, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta