35 accidentes de tráfico foron rexistrados o fin de semana en Galicia

O número de feridos elevouse a 48 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 48 persoas debido a 35 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana pasado na rede viaria galega. A xornada do sábado foi a que rexistrou máis sinistros, con 13 incidentes.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 30 de outubro e as 23,59 horas do domingo 1 de novembro, 44 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 42. En concreto, as ambulancias prestaron asistencia en 41 ocasións e os equipos sanitarios de Atención Primaria asistiron nun sinistro. 
En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasiones recibiron atención no lugar do sinistro.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 53% e a de mulleres situouse no 47%. En canto ás idades dos asistidos, o 38% tiña entre 20 e 34 anos. Por provincias, a da Coruña rexistrou 15 accidentes de tráfico durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra e Lugo, con nove en cada caso e Ourense, con dous.

Unha ambulancia vai cara ao hospital
Unha ambulancia vai cara ao hospital | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta