O PP di que o peche por días das cidades galegas fíxose con criterios científicos

As decisións adoptadas pola Xunta tómanse "con rapidez", sen "improvisación" e con base nas recomendacións do comité clínico, asegurou o portavoz parlamentario do PPdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, subliñou que as decisións adoptadas pola Xunta tómanse "con rapidez", sen "improvisación" e con base nas recomendacións do comité clínico que asesora á Administración autonómica conforme aos criterios científicos e a evolución da pandemia.

Así se pronunciou o dirixente popular ao ser preguntado polas críticas da oposición á xestión da Xunta da segunda onda da Covid-19 despois de anunciarse, o pasado venres, o peche das cidades galegas cunhas horas de antelación e despois que se rexeitase o confinamento perimetral de toda a comunidade galega.

"A propia oposición puido comprobar que todos os alcaldes, entre os que hai militantes de ámbolos partidos (PSdeG e BNG), apoiaron este tipo de medidas", manifestou Pedro Puy, que sostivo que a Xunta actúa "con rapidez" e que iso non quere dicir que "sexa con improvisación".

O popular, que asegurou "comprender" o malestar que algunhas medidas poden xerar en determinados colectivos, incidiu en que os cidadáns poden "estar seguros" de que as limitacións aprobadas polo Goberno galego "non son improvisadas nin pouco meditadas" senón "guiadas polas circunstancias da pandemia para protexer a todos".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, na rolda de prensa
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta