Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 14:43
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, apelou este luns a que os centros sigan estando "en alerta" ante posibles brotes de COVID-19 que se dean na súa contorna. No entanto, sostivo que os colexios e institutos "non son lugares de transmisión" do coronavirus.
Así respondeu Rodríguez ao ser preguntado polos contagios rexistrados ata o momento na comunidade educativa --segundo os últimos datos, hai máis de 1.000 casos activos e medio centenar de aulas en corentena-- durante unha rolda de prensa na Cidade da Cultura de Santiago para presentar o plan de teledocencia impulsaro pola Xunta.
"A situación nos últimos días, igual que no conxunto da sociedade, está a ir a ritmos que nos recomendan estar en alerta", admitiu. Con todo, o conselleiro matizou que esta cautela responde a que "os centros forman parte da sociedade" e "están abertos á sociedade". "Todos os días entran aproximadamente medio millón de persoas e os alumnos botan alí unha serie de horas e logo están coas súas familias", explicaron.
Neste contexto, Rodríguez incidiu en que a situación da pandemia "é moi difícil" en todos os ámbitos, pero que os colexios "afortunadamente" non son "lugares de transmisión" do coronavirus, "como di a Consellería de Sanidade e como din os propios directores dos centros".
O conselleiro relatou que, tras días falando cos centros máis afectados polos brotes, "todos" lle comentaron que "os protocolos están a funcionar" e que o ámbito educativo non favorecen os contagios, senón que "a inmensísima maioría" prodúcense no ámbito familiar.
Non en balde, afirmou que os colexios e institutos galegos rexistran datos epidemiolóxicos "por baixo" da sociedade xeral e do resto de comunidades autónomas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.