Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 21:10
Desde 2013, o 2 de novembro se estableceu como o Día Internacional para Pór Fin á Impunidade dos Crimes contra os Xornalistas, data na que se denuncia a falta de castigo para os asasinatos de informadores que se producen en todo o mundo, pero tamén na nosa contorna, xa que os estudos reflicten que cada vez son máis os riscos de informar en Europa.
Neste día, numerosas organizacións de xornalistas de todo o mundo reclaman medidas para garantir a seguranza do exercicio da profesión como salvagarda da liberdade da información, xa que "sen garantías de seguridade, é toda a sociedade a que sofre da faltade liberdade de información e de dereitos".
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere sumarse a esta data reivindicativa nun ano no que a pandemia da Covid-19 e o aumento dos ataques aos xornalistas fan cada vez máis difícil a labor de informar. Ademais, o CPXG reivindica a impunidade do caso de José Couso, o cámara ferrolán que foi asasinado. A condena deste ano a indemnizar á familia Couso por parte do Estado, recorrida polo Goberno, significou para o Colexio de Xornalistas "a demostración da inacción da administración", e esixen que se faga xustiza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.