O ministro Illa descarta os confinamentos domiciliarios cando Asturias solicita esta medida

Pide "non entrar nunha especie de competición para ver quen toma a medida máis dura".

Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 02/11/2020 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, insistiu este luns en que o Goberno descarta confinamentos domiciliarios por coronavirus nos próximos días: "Agora non o prevemos. Nin estamos a traballar niso nin o prevemos".

O ministro de Sanidade, Salvador Illa
O ministro de Sanidade, Salvador Illa | Fonte: Europa Press

Nun encontro telemático con empresarios cataláns organizado este luns pola consultora Intermèdia Comunicació, o ministro afirmou que "o abano de medidas que o decreto do estado de alarma pon a disposición das Comunidades Autónomas é suficiente".

Pediu "non entrar nunha especie de competición para ver quen toma a medida máis dura" e lembrou que as restricións que se aprobaron nos últimos días tardarán entre 10 e 15 días en ter efecto.

O Goberno de Asturias anunciou este luns pola mañá que pedirá ao Ministerio de Sanidade que se aprobe un confinamento domiciliario de 15 días para evitar as interaccións sociais e a mobilidade na autonomía dada a alta incidencia do coronavirus.

Aínda que non se referiu a esta petición en concreto, o ministro afirmou que as actuais medidas son suficientes para evitar novos contaxios e pediu "temperanza e saber esperar o tempo necesario" para ver o seu efecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta