O Concello da Coruña propón ampliar os fondos do seu plan de reactivación para autónomos e micropemes

O goberno local expón unha ampliación de entre 1,6 e 2 millóns de euros para axudas directas á totalidade dos 3.827 autónomos e micropymes que as solicitaron ata o 15 de setembro.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/11/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou a intención do goberno local de ampliar os fondos para gasto corrente recollidos no plan de reactivación económica e social, Presco, "co fin de achegar axudas á totalidade das case 4.000 persoas autónomas e micropemes que as solicitaron".

Nun comunicado, afirma que espera contar co apoio de todos os grupos políticos, tras a aprobación do citado plan de forma unánime o pasado 1 de xuño.

O goberno local expón unha ampliación de entre 1,6 e 2 millóns de euros para axudas directas á totalidade dos 3.827 autónomos e micropymes que as solicitaron ata o 15 de setembro.

Segundo a rexedora, a segunda onda do coronavirus puxo de manifesto que a pronta recuperación da economía despois do confinamento "non se está producindo". "Ante ese feito, o goberno municipal decidiu tomar medidas de maneira inmediata para axudar a autónomos e micropemes para aliviar unha situación que para moitos se está convertendo en insustentable".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta