Impulsan a campaña 'Galiza nación' para que se "asuma con naturalidade e consciencia a realidade obxectiva"

A Plataforma Vía Galega, integrada por máis de 60 asociacións, organiza as actividades.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/11/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Plataforma Vía Galega, que está integrada por máis de 60 asociacións, puxo en marcha a campaña 'Galiza nación. Un pobo con dereitos', un proxecto que, en palabras do portavoz, Anxo Louzao, ten como obxectivo que se "asuma con naturalidade e consciencia a realidade obxectiva de que Galicia é unha nación".

Campaña Galiza Nación de Vía Galega.
Campaña Galiza Nación de Vía Galega.

"Galicia é unha nación con vontade de existir e de exercer como tal, como se recoñeceu oficialmente en 1933 no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, adscrito á Sociedade de Nacións", sinalou Louzao, quen incidiu que, "como nación que somos, temos o dereito a decidir e a exercer o dereito de autodeterminación".

A campaña ten previstos actos, conferencias, debates e palestras na maioría de comarcas, como Compostela, Arzúa, Barbanza, A Coruña, Bergantiños, Ferrol, Lugo, A Mariña, Ourense, Pontevedra, O Salnés, A Estrada, Lalín, Vigo, O Morrazo e O Baixo Miño.

Esta campaña estenderase ata o próximo 18 de abril, para a cal os impulsores desta iniciativa pretenden convocar unha manifestación na capital galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Pilar Castro

Ladrade, cans do Imperio ispañistañí, ladrade porque o nacionalismo galego vai cara arriba e vós ides desaparecer en poucos anos por pura demografía...

1 nostrus

Unos creen en extraterrestres, otros en la Santísima Trinidad, unos creen que el catarro se cura con padrenuestros y otros creen que Galicia es una nación, pero nunca la vieron ni la verán. Las creencias y supersticiones forman parte del ámbito privado y son legales.

2 nostrus

Llevamos siglos formando parte de la única nacion que hay en España y hay quien se atreve a perder el tiempo engañando a la gente intentando convencerla de una supuesta nacion que nunca existió más allá de la mente confusa y calenturienta del nacionalismo manipulador y mentiroso. Son tan osados que se atreven a contradecir la historia para crear ellos una historieta y creen que mediante el engaño masivo se pueden hacer realidad sus alucinaciones. De todos modos es legal creer tonterias.

1 Gamela

Non é como dís... Deberas escoitar ao pai da creatura falar dos séculos XI ao XIV para entender o carácter protohistórico da nación Galega ! https://youtu.be/aagzgVW4s8Y?t=1192 A Historia Española é unha grande traición aos intereses da UPG !

1 Gamela

O ano 1933 foi un ano moi sustancioso para algúns, o malo foron os resultados para todos ! http://gamela00.blogspot.com/2020/0... Cando a inmensa maioría de opcións políticas "sensatas" vólvense cínicas e buscan exclusivamente o poder e non a transformación racional da sociedade é cando aparecen os problemas (cando resucitan os monstruos) UPG UPG UPG !!!