A central das Pontes podería converterse nunha incineradora de xurro e lodos residuais

Este modelo de co-combustión podería implantarse "de forma indefinida". Ecoloxistas critican ós "3 partidos do Parlamento" por impulsar a continuidade das Pontes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Novo clamor ecoloxista contra a central térmica das Pontes. O que é considerado un dos puntos negros da contaminación a nivel galego e estatal está novamente de actualidade polas probas de queima que concluirán este mes. Como informou Galicia Confidencial, a mestura de carbón e residuos orgánicos que pretendería empregar ENDESA para "eternizar" As Pontes xa fora criticada por asociacións econoloxistas, que ven neste amalgama o combustible "que máis contribúe ó cambio climático do mundo".

Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes. CEDIDA (TRABALLADORES)
Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes. CEDIDA (TRABALLADORES)

A escasas semanas de que remanten as probas, a plataforma Galiza, un futuro sen carbón vén de demandar "transparencia" a institucións e empresa a respecto destes resultados. Con todo, nun comunicado subliñan que "independentemente" das conclusións tiradas das probas "é incuestionable a irracionalidade ecolóxica de querer facer da central de carbón tamén unha incineradora de residuos orgánicos", xa que, segundo destacan, a central podería comezar a queimar lodos de depuradoras de augas residuais e xurros de granxas.

Segundo os ecoloxistas, nas probas de co-combustión da térmica das Pontes empréganse mesturas de carbón -aparentemente importado de Kazaxistán- e de residuos orgánicos "en diferentes proporcións". "Inicialmente probouse unha mestura de carbón ao 70% e residuos orgánicos ao 30%. Despois as porcentaxes foron do 60 e 40% e finalmente igualáronse". "Fica claro pois que a alternativa da co-combustión, denominada enganosamente dos 'biocombustibles', implicaría a continuidade da queima de grandes cantidades de carbón, o combustible fósil máis contaminante", subliñan.

GRAZAS Á "PRESIÓN DA XUNTA E O PARLAMENTO"

Neste aspecto os ecoloxistas critican que a das Pontes sexa "a única central de carbón de España, e talvez do mundo, para a que se contempla a posibilidade da co-incineración de residuos como falsa solución socioambiental". A cuestión, neste aspecto, é que o movemento de Endesa non se debe tanto a "iniciativa propia" senón á "presión exercida pola Xunta, o Parlamento, o Concello das Pontes e dos sindicatos maioritarios". "E, por se  non abondase, a vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno estatal tamén amosou o seu apoio á co-combustión, malia supoñer unha 'transición ecolóxica cara atrás'", subliñan.

Esta circunstancias daríase porque, segundo os ecoloxistas, "a ferreña resistencia política e sindical ao fin da insustentable queima de carbón na nosa terra está a chegar a límites inconcebibles". Deste xeito, prodúcese unha aposta por "opcións ambientalmente disparatadas que distraen da urxente implementación dunha auténtica transición xusta que non deixe atrás tampouco aos traballadores das auxiliares de ENDESA e aos camioneiros"

De acordo coa plataforma, a co-incineración de residuos orgánicos, no caso de ser económicamente rendible para ENDESA, podería supoñer a "continuidade indefinida dun ou dous dos catro grupos que forman a central de carbón das Pontes", cada un deles cunha potencia de 350 MW.  "ENDESA consolidaría así un enorme centro de xeración de electricidade sucia e cambio climático", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Montxo Baldreu

Teñen razón ademais a electricidade de carbon que se importa do sultán de Marrocos tampouco é tan contaminante home la culpa es de la upegá Galiza se alquila ou se regala