O Estado recupera o Pazo de Meirás á espera dunha sentencia firme

Os Franco anunciaron que llo cederían á administración de xeito provisional antes de que resolva o seu recurso á sentencia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

A administración pública conta xa co Pazo de Meirás no seu erario logo de que a familia do ditador Franco accedese a cederllo mentres non se resolve o recurso presentado por estes. En principio, os tribunais decretaron que cesión do inmoble foi desenvolta nunhas circunstancias que xustifican o seu retorno a mans da administración, un trámite que está cada vez máis cerca de ser definitivo.

Fachada do Pazo de Meirás, ata agora propiedade da familia Franco, o día no que o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou integramente a demanda para a devolución do pazo.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Fachada do Pazo de Meirás, ata agora propiedade da familia Franco, o día no que o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou integramente a demanda para a devolución do pazo.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Fronte a esta posibilidade, os Franco presentaron un recurso contra a sentencia no que reclamaban manter a propiedade do pazo. Ante a posibilidade de que os recursos dilatasen a devolución do inmoble, o Estado lanzou entón unha solicitude de execución provisional do veredicto co que se poderán facer directamente co inmoble á espera da resolución final do xuíz.

Neste aspecto, a familia Franco vén de comunicar que aceptou a entrega provisional mentres non se resolva o recurso. No escrito remitido ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña os herdeiros do ditador avanzan que a familia "non ten intención de opoñerse" á solicitude de execución provisional do veredicto e que cumprirán a obriga de entregalo.

USO POR DEFINIR

Así consta nun escrito dirixido ao xulgado despois de que o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, anunciase que o Goberno solicitaría a execución provisional da sentenza. Nesa comparecencia, o ministro non concretou o uso que se daría ao inmoble, pero incidiu en que "o verdadeiramente importante é que sexa o Estado o que teña a xestión, e non a Fundación Francisco Franco". "Unha cuestión que reclama toda a cidadanía", apostilou.

Agora, no seu escrito, os herdeiros do ditador sosteñen que tiveron coñecemento, a través dos medios de comunicación, que a Administración Xeral do Estado "deu instrucións á súa dirección letrada nas presentes actuacións para que solicite a execución provisional da sentenza".

Sobre esta decisión, avanzan que non teñen intención de oporse "a tal solicitude", á vez que mostran a súa disposición a que "con carácter provisional", e á espera de como se resolva o seu recurso, "cumprir voluntariamente a obrigación de entrega ao seu cargo declarada na sentenza", engaden sobre o inmoble nun escrito con data de este pasado martes, día 3.

FALLO

A sentenza, ditada o 2 de setembro pola maxistrada Marta Canles, declarou a nulidade da doazón efectuada en 1938 de "a leira denominada Torres ou Pazo de Meirás ao autoproclamado xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde, por carecer do requisito esencial de forma".

Ademais, condenou á familia Franco á súa devolución sen ser indemnizada polos gastos nos que esta parte alegou incorrer para o mantemento da propiedade. Tras o fallo, o Franco presentaron un recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña que aínda está pendente de resolución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta