Os partidos reaccionan ás medidas da Xunta: PSdeG fala de "improvisación" e demanda axudas para sectores afectados

Marea Atlántica reclama "compensacións por cada medida restritiva necesaria para conter a pandemia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, asegura que apoia "as medidas necesarias contra o virus", pero acusa á Xunta de "improvisación".

Tras o anuncio deste mércores do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de novas medidas como o peche da hostalaría en 60 concellos, Caballero demandou un "plan extraordinario de axudas directas aos sectores afectados polo peche".

De tal forma, pediu "seriedade" e "rigor" ao titular da Xunta. "Feijóo opúxose ao estado de alarma e a blindar Galicia e, en menos dunha semana, tivo que aplicar restricións que afectan á maior parte da cidadanía galega", reprocha.

Así mesmo, Caballero reclama un "esforzo" da Atención Primaria e un aumento do número de rastreadores e de PCR ante os "preocupantes" datos de Galicia.

Gonzalo Caballero. PARLAMENTO DE GALICIA
Gonzalo Caballero. PARLAMENTO DE GALICIA

MAREA ATLÁNTICA

Marea Atlántica reclamou á Xunta e ao Concello de Coruña a aprobación de "compensacións por cada medida restritiva necesaria para conter a pandemia".

"Estamos de acordo en que protexer a saúde é o primeiro, pero non pode ser o único", sinala nun comunicado no esixe que as administracións estean á "altura".

"Unha vez máis se ordena o peche da hostalaría, esta vez desde a Xunta, deixando a milleiros de persoas sen traballo e sen apoio de ningún tipo", argumenta Marea Atlántica, quen reclama "axudas xa". A ambas as administracións repróchalles difundir "propaganda" a este respecto.

En particular, sostén que o Concello da Coruña "abriu fai catro meses, co apoio de toda a Corporación,varias liñas de axuda para pemes e autónomos afectadas pola pandemia, recibiu unhas 3.800 solicitudes e só pagou 107, o 2,8%", sinala no seu comunicado no que esixe que se axilicen as actuacións a este respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta