Galicia aproximase ao milleiro de falecidos tras nove novas mortes este mércores

Dous deles están vinculados a residencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

Nove falecidos confirmados nas últimas horas elevan a 960 o total de mortes pola COVID-19 desde o inicio da pandemia na comunidade galega. Dous deles vinculados a casos en residencias de maiores, en concreto un home de 75 anos falecido no Complexo Hospitalario de Vigo e unha muller de 93 anos no Complexo Hospitalario Ourensán.

Estes casos procedían respectivamente da residencia Salvaterra do Miño e de residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. O resto de falecidos son un home de 70 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Ferrol, unha muller de 81 anos no Chuvi, e catro ingresadas no CHUAC de 86, 101, 84 e 88 anos.

O último dos casos trasladados polas autoridades sanitarias é un home de 78 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Os nove presentaban patoloxías previas, segundo informa o Sergas.

Con estas nove vítimas, a Comunidade galega aproximase ao milleiro de mortos pola pandemia. Esta mesma semana, o luns, rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril.

Un profesional sanitario baixa dunha ambulancia en padiola a un paciente con Covid-19. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un profesional sanitario baixa dunha ambulancia en padiola a un paciente con Covid-19. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta