O PP rexeita o plan de Pontón para o Eume: "con eses cartos pódense crear máis de 50 centros de saúde"

A formación ve "irreal" e "populista" o plan do BNG para investir 250 millóns na recuperación entorno.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Nova polémica sobre os verquidos tóxicos no río Eume. Desta vez, o foco non está xa sobre a turbidez que obrigou a prohibir o consumo de auga nas vilas circundantes durante 10 días, senón na area política. E é que o PP vén de cargar contra o plan proposto na xornada do mércores por Ana Pontón para rehabilitar o encoro de eume con 250 millóns de euros.

Encoro do Eume
Encoro do Eume | Fonte: wikipedia

A negativa a apoiar o plan vén de ser comunicada polo portavoz de Medio Ambiente do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Martín Fernández Prado. Prado tachou esta mañá de “irreal” e "completamente incoherente" o plan de Pontón "tendo en conta o grave momento social e económico" que atracesa a comunidade.

Neste aspecto, os populars consideran que a medida proposta polos nacionalistas é "populista e afastada da realidade". “Alguén debería lembrarlle ao BNG que cos 250 millóns de recursos públicos que a señora Pontón reclama para o río poderíase financiar 5 veces a obra de ampliación do hospital público de Ferrol, crear máis de 50 centros de saúde ou facer fronte ata en 4 ocasións o saneamento integral da ría de Pontevedra”, expuxo Fermández Prado.

O anuncio do voceiro do PP chega apenas días despois de que, como informou Galicia Confidencial, o grupo popular do Concello de Pontedeume votara en contra de levar a Endesa á Fiscalía para dilucidar se os verquidos acontecidos no Eume eran consecuencia da actividade da empresa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta