A Xunta propón ó Goberno rebaixar o IVE turístico ó 4% mentres dure a pandemia

Anuncia axudas de ata 7.000 ós hostaleiros afectados polas restriccións dos 60 concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o seu Executivo activará axudas que irán desde os 2.200 ata os 7.000 euros para os titulares de establecementos da hostalaría afectados pola pandemia e as últimas restricións aprobadas en Galicia --onde a actividade se pechará, en principio durante un mes, no sete principais cidades e outros 53 concellos--.

Estas axudas serán complementarias ás prestacións xa derivadas automaticamente do cesamento da actividade e o seu rango máis baixo destinarase a aqueles titulares autonómos con establecementos sen empregados, mentres que o máis alto poderíano alcanzar os propietarios de negocios hostaleiros con traballadores.

"O peche de novembro producirá o dereito a ERTE sen custo para o titular, vai por conta da Seguridade Social e dos fondos de emprego estatais. Estas axudas son adicionais", trasladou o presidente galego, quen tamén insistiu en que os bares e restaurantes non son culpables no contaxio do virus, senón a "relaxación social" dos clientes que acoden aos mesmos.

Ademais, na liña do xa exposto esta semana polo vicepresidente primeiro e responsable de Turismo, Alfonso Rueda, Feijóo pediu a implicación do Goberno central, ao que urxiu a analizar a posibilidade de reducir o IVE turístico ao 4% durante o tempo que dure a pandemia.

Finalmente, apelou a que se bonifiquen as taxas municipais que impactan no sector da hostalaría.

Reunión do Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Reunión do Consello da Xunta.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta