Convocada para este sábado unha marcha cívica para esixir a devolución da Casa Cornide

Ao termo da mobilización, lerase un manifesto a cargo do escritor e xornalista Manuel Rivas. A iniciativa celebrarase despois de ter que ser posposta polas restricións sanitarias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/11/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Comisión Aberta en Defensa do Común convocou para o sábado unha marcha cívica para reclamar a recuperación da Casa Cornide, actualmente propiedade da familia Franco.

Esta segunda marcha, segundo os convocantes, será, como a primeira, un "acto reivindicativo", con saída ás 12,30 horas, desde a praza de María Pita.

Ao termo da mobilización, lerase un manifesto a cargo do escritor e xornalista Manuel Rivas. A iniciativa celebrarase despois de ter que ser posposta polas restricións sanitarias.

Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI - Arquivo
Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta