Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2020 | Actualizada ás 11:00
O músico Rodrigo Ramos achega un segundo adianto do seu terceiro álbum logo de presentar o seu primeiro single "Polvo y escarcha": Agora, Ramos lanza "Subiote", un poema musicado do escritor Xosé Neira Vilas, "un tema íntimo con carácter pop folk que evoca aires do rural", segundo explica.
Esta nova canción está acompañada por un videoclip de animación realizado polo director nomeado aos Premios Goya, David Fidalgo Omil; e representa, segundo palabras do propio Ramos, unha metáfora sobre o percorrido da música pola paisaxe galega.
A gravación tivo lugar no estudo Planta Sónica e foi producido por Pancho Suárez. Ademais, os músicos que participan neste proxecto xunto con Ramos son Iago Fernández, Ale, Paula Rouco e Antón Torroncho. Ata este momento, Rodrigo Ramos xa leva publicados outros dous discos: "Mirabas Almas" 2017 e "Sol de Invierno" 2019.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.