Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 18:32
Os grupos do Parlamento de Galicia, e tras a proposta feita polo seu presidente, Miguel Santalices, acordaron reducir á metade a presenza de deputados no hemiciclo autonómico para evitar a permanencia dos 75 deputados en sesións que, de media, duran un nove horas cada día.
Este acordo, que se aplicará xa na sesión plenaria da próxima semana que empeza o martes, significa que simultaneamente só poderá haber 38 deputados no hemiciclo máis a persoa que nese momento presida a sesión plenaria.
Poderán coincidir todos eles, no entanto, no momento das votacións, que adoitan ser polo menos dúas veces no pleno --as mocións e as proposicións non de lei-- e unha terceira no caso de que se tramite algunha lei. Excepcionalmente hai outros momentos de votación tamén.
Os deputados que non poidan seguir fisicamente o pleno nun momento dado, poderán facelo de forma telemática desde os seus despachos ou outros puntos do Pazo do Hórreo, xa que se retransmite desde o circuíto interno, así como a través da páxina web do Parlamento de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.