Por E.P. | A CORUÑA | 06/11/2020 | Actualizada ás 19:37
Delegadas da CIG e traballadoras nas tendas de Inditex mobilizáronse este venres diante de varios establecementos que o grupo ten na praza de Lugo da Coruña para denunciar "o recorte de dereitos laborais que a multinacional pretende impor a conta da emerxencia sanitaria".
Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara na Coruña, explicou que "baixo a escusa da pandemia, Inditex modificou todos os calendarios laborais que estaban acordados, cambiando as xornadas e os horarios ao persoal, mesmo a aquelas traballadoras que teñen concreción horaria para o coidado de nenos".
Segundo a CIG, a empresa "impón" quendas "que impiden a conciliación e supoñen unha importante perda de diñeiro para o persoal, que se ve na tesitura de ter que elixir entre traballar ou conciliar".
"A maiores, con estes cambios, a compañía eliminou de golpe o día libre, o límite de tardes e a libranza de fin de semana, e as traballadoras nin sequera poden gozar en moitos casos do descanso semanal mínimo que establece a lei", engade nun comunicado no que explica que a CIG presentou nove demandas de conflito colectivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.