Localizada con vida no medio dun regato a muller desaparecida desde o xoves na Estrada

Estaba a un quilómetro do centro urbano do concello.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A muller de avanzada idade que se atopaba en paradoiro descoñecido desde a tarde do xoves foi finalmente localizada e con vida no municipio da Estrada. En concreto, foi achada sobre as 15,00 horas nun regato situado no lugar de Vilar, a un quilómetro do centro urbano.

O operativo de procura estivo coordinado pola Garda Civil, que contou co equipo de drones da Axega, ademais da unidade de cans de rescate de Protección Civil de Padrón, os efectivos do GES da Estrada e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón e da Estrada.

A muller, que presentaba síntomas de hipotermia, foi trasladada a un centro hospitalario polos servizos sanitarios nada máis ser localizada.

Imaxe da procura dunha persoa desaparecida. AXEGA
Imaxe da procura dunha persoa desaparecida. AXEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta