Presentan o plan de continxencia do SERGAS que inclúe contratar a 100 enfermeiros durante un ano

Prevé realizar nomeamentos de emerxencia sanitaria noutras categorías, tanto de atención primaria como hospitalaria, cunha duración mínima de catros meses a determinar en función das necesidades asistenciais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) presentou aos sindicatos un plan de continxencia covid-19 en recursos humanos que contempla a contratación inmediata e por un ano de máis dun centenar de profesionais de enfermaría.

Diso informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que dá conta da celebración telemática este venres da Mesa sectorial de Sanidade, coa asistencia do xerente do Sergas, José Flores Arias, os directores xerais de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; de Saúde Pública, Carmen Durán; e de Recursos Humanos, Ana Comesaña; así como de representantes dos sindicatos CIG, CCOO, CSIF, SATSE, UGT.

No encontro presentouse un plan de continxencia covid-19 en materia de recursos humanos que incorpora unha vintena de medidas extraordinarias en materia de persoal que se consideran necesarias para facer fronte á situación de emerxencia sanitaria.

Entre outras, o Sergas destacou que o plan contempla que se poidan realizar, a partir do 1 de decembro, 750 nomeamentos de emerxencia sanitaria na categoría de persoal de enfermaría cunha duración mínima de catro meses, chegando 150 deses contratos a unha duración dun ano.

Así mesmo, prevé realizar nomeamentos de emerxencia sanitaria noutras categorías, tanto de atención primaria como hospitalaria, cunha duración mínima de catros meses a determinar en función das necesidades asistenciais.

O mesmo plan inclúe unhas bases de regulación do teletraballo e flexibilización de xornada adaptadas ás institucións sanitarias, medidas estas que, segundo a Xunta, demostráronse como un instrumento organizativa eficaz para manter a actividade e a prestación do servizo público na situación de pandemia.

LISTAS DE CONTRATACIÓN

En canto ás listas de contratación, o Plan contempla diversas medidas como valorar como mérito a dispoñibilidade continuada das persoas aspirantes de emprego temporal, cunha puntuación adicional específica nos baremos por esta dispoñibilidade.

A Xunta asegura que, desde este modo, prémiase a aqueles profesionais que se incorporan á prestación de servizos cada vez que son chamados polo Sergas, recoñecendo a súa colaboración.

OFERTA DE EMPREGO 2020

Na mesma reunión presentouse o proxecto de decreto de oferta de emprego público do Sergas 2020, que inclúe 973 prazas para persoal estatutario, que se suman ás aprobadas ininterrompidamente por este organismo desde o ano 2012 o que supón, no total do período, 6.909 prazas.

Está prevista a convocatoria de 652 prazas de persoal licenciado sanitario, para médicos de familia, pediatras de atención primaria, médicos de urxencias, médicos do 061, e facultativos de atención hospitalaria das diferentes especialidades.

Nas categorías sanitarias (enfermaría, fisioterapeutas, enfermaría especialista,...) ofertaríanse 275 prazas, e nas categorías de xestión e servizos 46.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta