O Consello Galego de Médicos apoiará os facultativos que sexan sancionados por solicitar PCR a contactos estreitos

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/11/2020 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Médicos avanzou que apoiará a todos os facultativos de atención primaria que sexan obxecto de sanción por parte da Consellería de Sanidade no caso de que "co criterio adecuado da praxe médica" solictasen probas PCR a contactos estreitos por COVID-19.

Unha muller é sometida a unha proba PCR
Unha muller é sometida a unha proba PCR | Fonte: Ión Alcoba - Europa Press.

A entidade emitiu un comunicado para asegurar aos médicos que estarán "ao seu carón" e que presentarán "os medios para a súa defensa" e "en todas as instancias nas que fose preciso".

"A transparencia, así como a falta de coordinación entre os centros de seguimento de covid (CSC) e Atención Primaria, é unha reclamación constante dos nosos profesionais, que son os máis capacitados para liquidar as deficiencias do sistema", sinalaron.

Médicos de Atención Primaria de Galicia comentaron que na última semana tiveron que pedir PCR para contactos estreitos porque por parte da Central de Seguimento non se fixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta