Destrúen o Cruceiro situado na praza de Jacinto Benavente de Madrid, símbolo de irmandamento con Galicia

A Asociación Madrid Ciudadanía y Patrimonio denuncia o acto vandálico.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 07/11/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A Asociación Madrid Ciudadanía y Patrimonio (MCyP) denunciou este sábado a través de redes sociais a destrución do cruceiro situado na céntrica praza de Jacinto Benavente.

Segundo informou a asociación en defensa do patrimonio histórico, artístico, cultural, social e natural da Comunidade de Madrid, a través da súa conta de Twitter, "onte (venres) uns individuos -presuntamente baixo efectos do alcol- destruíron o cruceiro de irmandamento con Galicia na praza de Jacinto Benavente".

"O vandalismo, sexa por parte de persoas ou institucións, é inadmisible, destrúenos como sociedade", agregou.

Cruceiro destrozado no centro de Madrid
Cruceiro destrozado no centro de Madrid | Fonte: Asociación en defensa del patrimonio histórico, artístico, cultural, social y natural de la Comunidad de Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gan Dhul

Estar irmandado con certos sitios non deixa de ser unha estupidez