Redescubrindo a Manoel Antonio

Xosé Luís Axeitos actualiza a figura do gran poeta do mar galego con "Aproximacións a Manoel Antonio".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O poeta do mar, Manoel Antonio, volve estar de actualidade. Desta volta, cunha nova visión da obra do rianxeiro de mans doutro rianxeiro, o académico Xosé Luís Axeitos  "Aproximacións a Manoel Antonio" é un conxunto de ensaios que nos achegan diversos aspectos e dimensións da obra do mariñeiro e poeta de Asados.

O poeta Manoel Antonio
O poeta Manoel Antonio

O libro conta con dous inéditos do poeta nunca publicados anteriormente. O Concello de Rianxo, nomeadamente a través da Casa Museo Manuel Antonio, colaborou na edición desta obra, que edita Axóuxere Editora.

"Axeitos aproxímase á obra de Manoel Antonio de maneira lixeiramente distinta a como adoito se fixo a achega á súa escrita e ao seu pensamento", apuntan desde Axóuxere. "Hai nos ensaios deste libro unha procura do senso interno da escrita manoelantoniana, unha indagación arredor da dimensión cognoscitiva implícita na súa (meta)poética e un estudo da visión dialogal como proceso de aprendizaxe fraterna", engade.

De catro a catro provén da reflexión que proxecta, desde a escrita, sobre o acto creativo e as dificultades de construír un texto espacializado e ao mesmo tempo un espazo textualizado. Desta complexidade nacen as preocupacións metapoéticas e críticas que talvez sexan unha das facetas máis reveladoras para deconstruír a súa obra. Pódese descargar un fragmento do libro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta