Feijóo acusa o Goberno central de "tentar eliminar" o castelán da educación e de querer "amordazar a prensa" por lei

O presidente da Xunta carga contra a norma para que "sexa o Goberno quen decida o que é verdade e mentira".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, acusou o Executivo que preside Pedro Sánchez de "tentar eliminar por lei" o castelán como lingua vehicular na educación e pretender "amordazar a prensa" cunha norma para que "sexa o Goberno quen decida o que é verdade e mentira".

O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez (i), e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez (i), e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Fíxoo a través de dúas mensaxes publicadas con dous minutos de diferenza no seu perfil na rede social Twitter na tarde deste domingo.

"En plena pandemia, cando se supón que debería estar a xestionar a segunda onda, o Goberno pasou a responsabilidade ás CCAA e dedicouse a tentar eliminar por lei o castelán como lingua vehicular, a tentar reformar a lei para elixir directamente os xuíces", sinala o primeiro 'tuit' publicado polo presidente autonómico.

Dous minutos despois, Núñez Feijóo completaba a súa mensaxe desta forma: "E a impulsar unha norma para amordazar a prensa e que sexa o Goberno quen decida o que é verdade e mentira. Mentres, nega unha e outra vez unha lei para poder xestionar a pandemia".

O líder do PPdeG súmase ás críticas lanzadas polo seu partido á reforma educativa presentada polo Ministerio que encabeza Isabel Celáa, polo plan do Goberno para o control das chamadas 'fake news' e pola proposta para cambiar o sistema de elección dos membros do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sentidiño

Acreditar nas campañas da caverna é papanatismo nacionalista español. A iniciativa foi da UE, que creou o EDMO http://edmo.eu para previr interferencias estranxeiras.

1 Gamela

seica temos un "problema de tradución" (para o "progresismo" todos somos "estranxeiros") https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

O tema do Ministerio da Verdade sen dúbida é unha animalada gubernamental (pero cando a prensa cala semella estar contenta (?) Para esto é para o votaron o estado de alarma por 6 meses... Imos alucinar cando cheguemos ao mes de maio 2021 ! Algún sabemos que significa "desaparecer do mapa" durante 13 anos ! https://twitter.com/00Gamela/status... Pero mentras outros estén contentes parece que nunca pasa nada, ata que pasa !