Temas: TEMPORAL

O vento superou o 110 km/h en Vimianzo nun domingo de temporal con máis de 40 litros por metro cadrado en Fornelos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Galicia viviu este domingo unha xornada de temporal de choiva e vento que mantivo en aviso amarelo a parte do litoral e puntos do interior ata entrada a tarde.

Así, alcanzáronse os 110 quilómetros hora en Vimianzo, refacho máximo da xornada captada polos medidores de Meteogalicia ás 05,00 horas da madrugada do domingo.

En canto ás precipitacións, a choiva deixouse notar en boa parte do territorio galego, pero fíxoo con máis intensidade na provincia de Pontevedra.

Deste xeito, nas localidades pontevedresas de Fornelos de Montes e Cotobade chegaron a caer máis de 40 litros por metro cadrado nas últimas horas, un volume que tamén se superou en Rodeiro, na estación situada na Serra do Faro.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Europa Press.

Temas: TEMPORAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta