GC sortea unha fin de semana para dúas persoas en Portugal a través dun concurso no seu Instagram

Sería nun hotel rural da comarca de Bragança. Para iso só hai que participar neste concurso.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial e o Eixo Atlántico regalan unha fin de semana para dúas persoas, con almorzo incluído, no fermoso hotel rural “Casa dos Araújos”, en Mirandela- Frechas, na comarca de Bragança. Para iso, o único requisito é participar nun concurso sobre o Camiño de Santiago que Galicia Confidencial pon en marcha no seu perfil de Instagram aproveitando unha guía en banda deseñada sobre o Camiño que editou oEixo Atlántico.

Peregrinos fan o Camiño de Santiago.. XUNTA - Arquivo
Peregrinos fan o Camiño de Santiago.. XUNTA - Arquivo

Para participar soamente tes que seguir o perfil @galicia_confidencial en Instagram, comentar na publicación con que tres amigos farías o Camiño, subir unha imaxe á túa conta de instagram que che lembre ao Camiño de Santiago mencionando e etiquetando a Galicia Confidencial e utiizar o cancelo #Gcocamiñoencomic.

BASES DO CONCURSO

1. Participantes: Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos que cumpra os requisitos establecidos nestas bases.

2. Organización: O concurso está organizado polo medio dixital Galicia Confidencial e o organismo O Eixo Atlántico.

3. Temática: A temática do concurso é o Camiño de Santiago. Consiste en subir unha fotografía que che recorde ao camiño de Santiago. Se na fotografía saen persoas, entenderase que todas as persoas que aparecen na foto ceden os seus dereitos de imaxe, eximindo ao medio de calquera responsabilidade.  Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito de honor, intimidade persoal  nin ningún outro contrario a legalidade vixente.

4. Premio: A fotografía que máis “me gusta” reciba na rede social de “Instagram” será a gañadora. O premio consiste nun vale para unha estancia de fin de semana (dúas noites) para 2 personas con almorzo incluído no Hotel “ Casa dos Araújos”, Mirandela- Frechas, Portugal. O vale terá data de caducidade dun ano posterior á data de finalización do concurso. Dada a situación actual de pandemia derivada polo Covid-19, de non ser posible desprazarse ao destino do premio para disfrutar do mesmo no período establecido, ampliarase a data de validez do vale.

5. Sistemática do concurso:

- Seguir a @galicia_confidencial en instagram.

- Compartir públicamente unha imaxe que che lembre ao Camiño de Santiago mencionando  e etiquetando a Galicia Confidencial.

- Utilizar o cancelo #GCocamiñoencomic .

- Comentar con que tres amigos farías o Camiño de Santiago.

- A fotografía terá que ser unha nova publicación, quedando descartadas todas aquelas publicacións anteriores á data do comezo do concurso. 

- Serán descalificadas todas aquelas publicacións que poidan ser sospeitosas de obter “me gusta” de maneira non habitual,  sistemática ou fraudulenta.

6. Condicións:

Cada participante poderá presentar como máximo 2 fotografías ao longo de todo o concurso. 

Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao participante. 

Están permitidas correccións fotográficas de cor, luminosidade, filtros…

Non se aceptarán fotografías premiadas anteriormente polo noso medio. 

7. Aceptación e declaración de titularidade: O paticipante manifesta e garantiza que é titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta ao concurso e responsabilízase totalmente das reclamacións por terceiros do dereito de imaxe.

8. Dereito sobre as imaxes: A mera participación neste concurso implica a cesión ao medio dos dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da obra, previsto na lexislación sobre Propiedade Intelectual e pola duración máxima permitida pola citada normativa.

9. Prazos:

O período de participación será desde o día luns 9 de Novembro de 2020 ás 00:00h ata o día venres 13 de Novembro de 2020 ás 23:59h.

O gañador comunicarase a través da nosa páxina de instagram o sábado 14 de Novembro de 2020.

* as imaxes deben de estar visibles públicamente, non se aceptará a concurso fotografías publicadas por contas privadas.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta