Galicia pecha unha semana negra con 65 mortos

Este domingo volveron falecer sete persoas. Tres delas eran de residencias de anciáns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2020 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou do falecemento doutras sete persoas diagnosticadas de COVID-19, tres delas procedentes de residencias de anciáns. Así, o total de vítimas mortais que deixa a pandemia en Galicia elévase a 988. Desde o luns faleceron 63 persoas pola Covid, sendo o luns, con 21 faledidos un dos peores días desde o inicio da pandemia.

En concreto, dous dos mortos notificados na tarde deste domingo producíronse en Pontevedra. Trátase dun home de 76 anos e unha muller de 88 que faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Na área sanitaria lucense, morreron dúas mulleres de 92 e 89 anos que estaban diagnosticadas de COVID-19. Ambas eran usuarias da residencia San Cibrao de Cervo.

Ademais, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) sumou este domingo outras dúas vítimas relacionadas coa pandemia. Unha muller de 82 anos e outra de 89 que procedía da residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. O sétimo falecemento correspóndese cun home de 80 anos que permanecía ingresado con coronavirus no Hospital do Barco de Valdeorras (Ourense).

Das sete vítimas notificadas por Sanidade este domingo, todas elas contaban con patoloxías previas, coa única excepción da muller que morreu no Hospital Montecelo de Pontevedra, asegura a Consellería.

UN TOTAL DE 988 VÍTIMAS

Con este sete novos falecementos, a Comunidade galega alcanzou o total de 988 relacionados coa pandemia. De feito, o pasado xoves superou a barreira dos 900 mortos con coronavirus.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa pandemia.

Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo
Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta