Un restaurante galego implicado no ataque con pintura á Generalitat

Portaban camisetas cunha cruz celta, símbolo do local, o que fixo crer nun momento que estaban vinculados coa extrema dereita.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 09/11/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Persoas vinculadas co restaurante galego de l'Hospitalet, O'Chispa Taberna Galega, estaría detrás do ataque con pintura contra o Palau da Generalitat deste domingo ao mediodía. Segundo avanzou o portal 324 da CCMA, trataríase dun grupo de cinco familias que traballan neste establecemento e que pasa unha grave crise económica debido ás restricións.

Un grupo de persoas vinculadas coa hostalaría lanza pintura contra o edificio da Generalitat
Un grupo de persoas vinculadas coa hostalaría lanza pintura contra o edificio da Generalitat | Fonte: e-noticies.es

Varios dos manifestantes, de feito, traían camisetas negras co logotipo da empresa. A imaxe corporativa inclúe unha cruz celta, en referencia a Galicia, o que fixo crer inicialmente que podía tratarse dun grupo de extrema dereita, posto que ademais un colectivo fascista celebrou a acción vandálica en Telegram.

Portavoces do bar aseguraron a TV3 que están desesperados polo peche de bares e restaurantes e querían facer unha "posta en escena que chamase a atención sobre a situación de pequenos negocios" como o deles. Non querían, din, "facer dano aos axentes de Mozos d'Escuadra que custodiaban o edificio nin converter a protesta nun ataque directo á institución política". Tamén sosteñen que non teñen ningún vínculo coa extrema dereita.

De feito, o perfil de Instagram do restaurante colgou un vídeo no que alude a esta performance e que titula "Desangrando la hostalaría" e aseguran que usaron 50 litros de sangue. Catro dos manifestantes foron denunciados penalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fu man Chu

Galleguiños en estado puro. Non sei como non puxeron o restaurante en Trasmonte. Aforraban emigrar e vivirían como reis todos estes anos. Co poder adquisitivo de Trasmonte daría para vivir non cinco senón dez familias. Non entendo como escolleron Bsrcelona.