A Xunta xustifica que os médicos non pidan PCR a contactos estreitos para "liberalos" de traballo

O conselleiro de Sanidade ve, con todo, "lóxico" que a pidan cando non se solicitou para un paciente contacto estreito dun positivo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reiterou que a orde do departamento autonómico para que os médicos de Atención Primaria non soliciten PCR a contactos estreitos busca "liberar" a estes profesionais dunha "carga adicional". No entanto, cualificou de "lóxico" que se un profesional detecta un paciente da súa cota que foi contacto estreito dun positivo por Covid-19 e non lle solicitou a PCR que "pida" esta proba.

Así se pronunciou, ao ser preguntado polo feito de que médicos desta especialidade se mostrasen "insubmisos" ante a orde de Sanidade de que "non soliciten PCR aos contactos estreitos" e os remitan á Central de Seguimento de Contactos (CSC).

Tras a denuncia destes profesionais, e a preguntas dos xornalistas, o conselleiro asegurou que este traballo é unha "carga adicional" para os médicos de Atención Primaria "que se pode automatizar".

"Así o recollemos de varios profesionais e no protocolo de finais de setembro", dixo sobre as medidas adoptadas a este respecto. Con todo, precisou que iso non implican "que non se fagan as probas". "É liberar ao médico de Primaria dese labor".

Neste sentido, considerou que tanto estes profesionais como a poboación en xeral "prefiren" cando se lles chame desde a Central de Seguimento. "Pero se un médico de Atención Primaria detecta que un paciente da súa cota é contacto estreito e non se lle pediu a proba, o lóxico é que a pida", reiterou a este respecto tras asistir á presentación do novo aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera na Coruña.

Punto COVID. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Punto COVID. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta