Nace unha nova asociación para defender o galego nos medios

A Asociación de Medios en Galego xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos —entre eles o GC— para garantir a pervivencia do idioma e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos medios en galego. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/05/2013 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Once medios de comunciación -- Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Que Pasa na Costa, O compás da Costa, Tempos Novos e a Nova Peneira-- presentaron a "Asociación de Medios en Galego", unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter e potenciar o galego, garantir a pervivencia da lingua nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento que garantan a súa sustentabilidade.

O acto de prensentación tivo lugar este xoves na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela e nel os representantes dos distintos medios destacaron a necesidade de traballar xuntos para loitar pola supervivencia do galego nun tempo de crisis no que, ademais, a Xunta de Galicia, dalle ás costas aos medios que usan esta lingua.

A asociación xurdiu a raíz da campaña Vitaminas para o galego. Unha iniciativa que naceu en decembro de 2011 e que ao longo do pasado ano suscitou un importante apoio cidadán, que demostrou a sensibilidade existente na sociedade galega a respeito destas cuestións.

A forza do galego

Esta asociación --na que tamén pediu o ingreso os xornais A Voz de Vilalva e Cadernos de Comunicación e Análise-- destaca que o galego non é un obstáculo para comunicarse en Galicia. "Por iso queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común. Un espazo que promova novas fórmulas de presenza da lingua e cultura galegas en Europa e no mundo e antes de nada en Galicia", apuntan nun manifesto que deron a coñecer este xoves.

"Temos unha lingua propia, unha cultura que nos enriquece, nos diferencia e nos globaliza, unha xente que ama a súa terra e un País que nos une a todos. Por iso, é imprescindible que haxa medios en galego, que a xente os apoie, que os políticos os respecten e que as institucións os axuden. Unha sociedade de seu non pode permitirse o luxo de darlle as costas a unha herdanza de centos de anos", engaden.

Por iso, a Asociación de Medios en Galego procurará defender os intereses dos medios de comunicación en galego, contribuir ao proceso de asentamento do sector dos medios de comunicación de información xeral na lingua propia de Galicia, consolidar un espazo de comunicación en galego ou promover iniciativas lexislativas e administrativas que beneficien ao sector. Ademais, desenvolverá accións, eventos e campañas de sensibilización tendentes a visibilizar na sociedade a existencia dos medios de comunicación en galego, intercambiará coñecementos e información e promoverá proxectos comúns que axuden a desenvolver de forma efectiva os fins da asociación e contribuirá ao proceso de normalización lingüística.

Nova Lei de Publicidade Institucional

Outra das finalidades desta nova institución de defensa do galego é abrir canles de diálogo coas distintas administracións públicas, partidos políticos e organizacións profesionais para analizar a actual situación dos medios en galego e artellar unha nova Lei de Publicidade Institucional que teña en conta todo o espectro dos medios que usan este idioma. Tamén, representará ao sector e actuará diante das administracións locais, provinciais, nacionais e estatais en todo aquelo quen afecte aos medios de comunicación en galego.

Finalmente, debatirá colectivamente a situación laboral do sector dos medios en galego para mellorar a súa situación e asesorará ás entidades produtoras de medios en galego para facer fronte aos problemas profesionais comúns. Esta asociación, tamén contribuirá á profesionalización do sector de xeito que as empresas se doten de estruturas sólidas que garantan a proxección de cada medio conseguindo a independencia económica.

Representantes da Asociación de Medios en Galego
Representantes da Asociación de Medios en Galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Ray Ramón

Ben, pero hai subvención ou non?

7 Fe detestas

Ánimo e que perdure. Parabens!

6 BrunoVil

Parabéns gente, a seguir trabalhando que sodes imprescindíveis.

5 galego do común

Parabéns pola iniciativa!!!

4 Gallegueiro ruraleiro

¿Estos no son los mismos de vitaminas para el gallego? ¿No están también en lo de Queremos gallego, Gallego patrimonio Inmaterial de la Humanidad, y todo tipo de plataformas en defensa de la lengua regional? Entiendo, son tiempos duros y hay que intentar trincar algún dinerillo en subvenciones, aunque estos ya tienen mucho "recaudado".

1 Ano Mariano

Subvencións multimillonarias cobradas da Voz, Faro, etc a cambio de ofreceren información parcial, espallaren infamias e desacreditaren o imprescindíbel exercicio da liberdade de expresión e información? Para outro día deixamos as subvencións ou mordidas que os empresarios veñen pagando aos teus amigos para engordardes non grazas ao galego senón de roubardes diñeiro público.

2 Un de Barbanza

Mimá, vai ter que crearse unha comisión de investigación, como a das caixas, para ver todas as subvencións que levaron estes "sospeitosos habituais" que di Ruraleiro. Pode que coste máis esa comisión que o que levaron estes pobres que non teñen onde caerse mortos na maioría dos casos.

3 Lubre

No comentario de Gallegueiro ruraleiro, nótase que só o vil diñeiro é un valor soberano. As persoas que constitúen unha asociación en defensa do galego non son máis que sambesugas que o van deixar nos ósos. Dun amoado psicolóxico como o de ruraleiro non se pode esperar gran cousa. Que ninguén procure nel unha idea nobre e xenerosa. Que ningún ser necesitado agarde un pataco deste corazón? esclerotizado polo carto, a renartería e a mesquindade. Eu daría a grupos como este todo canto o goberno español me detrae para cebar o imperialista Instituto Cervantes.