Novo xiro da Xunta: amplíase ata un terzo o aforamento das Igrexas en toda Galicia

Nunha orde publicada o pasado 4 de novembro, a Administración autonómica establecía que o límite máximo sería de 25 para os 60 concellos con máis restriccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2020 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Xunta sitúa nun terzo do aforamento a capacidade dos lugares de culto nos 60 concellos nos que están en vigor medidas máis restritivas para facer fronte á segunda onda de contaxios da covid-19, como o sete cidades e a súa área perimetral.

En concreto, nun decreto publicado o pasado 4 de novembro, a Administración autonómica establecía nestas localidades o límite máximo de persoas nos lugares de culto sería de 25. Pola súa banda, nos 253 municipios restantes o máximo era de 50.

Deste xeito, a Xunta modifica este punto e elimina a medida consistente no establecemento dun límite máximo de asistentes. Agora, segundo o novo decreto, o máximo quedará fixado nun terzo do aforamento para os 60 concellos con máis restricións e dun 50 por cento para o resto.

A Administración autonómica actualiza estas medidas ao considerar que "os lugares de culto" son "seguros en relación coa transmisión" do SARS-CoV-2" e lembra que, tras unha investigación epidemiolóxica, "non se detectou ningún brote que puidese identificarse como orixe nun lugar de culto".

Así, sinala que, a pesar de tratarse de espazos interiores, "a permanencia neles é dun tempo limitado". "As persoas non interactúan entre si, manteñen a distancia de seguridade en todo momento e utilizan a máscara de forma sistemática, salvo en momentos puntuais", apunta.

Por iso, considera que "non existe inconveniente" desde o punto de vista epidemiolóxico en eliminar a medida consistente no establecemento dun límite máximo de asistentes e manter que en Galicia a asistencia aos lugares de culto "non poderá superar o 50%".

Unha peregrina xunto á Igrexa de San Nicolao .. CARLOS CASTRO
Unha peregrina xunto á Igrexa de San Nicolao .. CARLOS CASTRO | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta