Román Rodríguez defende o modelo galego fronte aos que ve equivocados coa "prevalencia dunha lingua sobre outra"

Rodríguez insistiu en que en Galicia a lingua "non é ningún problema, ao contrario", posto que conta cun modelo baseado no uso de castelán, galego e inglés que xerou tanto "estabilidade" como coñecemento e "destrezas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2020 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, advertiu de que a eliminación do castelán como lingua vehicular do ensino supón "xerar un problema onde non existía" e situou o modelo galego de equilibrio como "referente" fronte a outras comunidades que buscan a prevalencia dun idioma sobre outro.

Así se pronunciou ao ser preguntado pola emenda á Lomloe aprobada por PSOE, Unidas Podemos e o Grupo Republicano (ERC), para que a nova reforma educativa non inclúa o castelán como lingua vehicular no ensino.

Rodríguez insistiu en que en Galicia a lingua "non é ningún problema, ao contrario", posto que conta cun modelo baseado no uso de castelán, galego e inglés que xerou tanto "estabilidade" como coñecemento e "destrezas".

Neste sentido, destacou que Galicia é a comunidade de España na que os alumnos contan cun coñecemento máis amplo das súas linguas cooficiais e, por iso, considerou que este modelo debería ser "unha referencia" a exportar a outros territorios do Estado "para non xerar problemáticas" nin "fracturas sociais".

"Parécenos que máis que xerar un debate sobre usos das linguas hai que ver os modelos que funcionan", insistiu, advertindo de que é unha equivocación camiñar a modelos "de prevalencia dunha lingua sobre outra" en comunidades bilingües, posto que ambas "forman parte da identidade" e do futuro da persoa.

Finalmente apelou a "evitar sempre problemáticas políticas coa lingua", onde "non hai nada positivo", e lamentou que a emenda proposta por ERC "pode traer derivadas accións non desexadas por parte de ninguén".

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 uu1

O modelo dos últimos quarenta anos gerou, segundo dados oficiais do IGE somando “só galego” e “mais galego que castelhano”: Total, ano 2003 62%, ano 2018 52%, resultado 10% menos em 15 anos. Menores de 15 anos, ano 2003 40%, ano 2018 26%, resultado 14% menos em 15 anos. Se pensamos que a começos dos 80 o galego era falado pelo 75%, O RESULTADO É UM FRACASSO TOTAL. http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?r...[12];1[all];0[all]&C=2[0];3[all]&F=&S=&SCF= Quarenta anos não fórom ainda suficientes para a oficialidade para chegarem a esta conclusão! Falemos galego e aproveitemos os recursos disponíveis das variedades do nosso idioma

1 Bea

Os galegos que escribides "não" e cousas así axudades, e moito, a que o galego sexa considerado unha lingua de sectas e desleigados. Eiquí fálase galego, non portugués. Se non estades dacordo emigrade a Lisboa e deixade de "salvarnos" ós galegos que temos o galego como a nosa lingua (sen renegar do español nin do inglés pero co galego sempre por diante).

2 Sentidiño

Canta razón ten o conselleiro! A partir de mañá, o inglés lingua vehicular na Xunta e no parlamento galego: imos ver o competentes que son os nosos gobernantes.

1 Roberto Mazaira

Fica ás craras que o PPdeG (sen o máis mínimo esforzo por levarlle a contra do PSdeG...) só procura a desaparición do galego. Teñen o poder e úsano sen complexos pra aniquilar a nosa lingua. É difícil de entender que galegos fagan isto pero nin a igrexa nin os medios nin outros moitos axentes sociais fan nin farán ren por evitalo ou correxilo. A única posibilidade de salvación do galego sería o seu uso vehicular no ensino e monolingüismo na administración pero é que nin a tvg é exemplo de nada (anuncios en español...). Estamos perdidos (vendidos).

1 nostrus

Estás muy averiado "A única posibilidade de salvación do galego sería o seu uso vehicular no ensino e monolingüismo na administración pero é que nin a tvg é exemplo de nada (anuncios en español...)". Menos mal que los ultracatólicos no son como tu, porque de lo contrario exigirían la obligatoriedad de ir a misa para que no se pierda la religión. No comprendo en que saldríamos ganando los gallegos con el monolingüismo en gallego obligatorio. Teneis suerte que los demás somos más democráticos y máas respetuosos que vosotros. No estais perdidos, estais muy zumbados.