A Deputación de Pontevedra acepta a proposta de novos GES da Xunta cun aviso: non admitirá máis "decisións unilaterais"

A Xunta celebra esta aceptación e destaca que a postura da institución provincial demostra que a proposta "era correcta".

Por E.P. | Pontevedra | 10/11/2020 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra ratificou nun comunicado que acepta a proposta dos novos grupos de emerxencia supramunicipal (GES) da Xunta, pero lanzou un aviso o Goberno galego: é "a última vez" que a institución que dirixe a socialista Carmela Silva admite "decisións unilaterais sen negociación previa".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Nesta conxuntura, a Deputación instou a Xunta a convocar "de forma inmediata" a Comisión de Seguimento para pechar a decisión sobre os novos GES da provincia.

"Comprometémonos a fixar posición en 24 horas unha vez que a Xunta nos remit¡a a documentación que levabamos días pedindo. Onte tivémola e, en menos de 24 horas, teñen a nosa resposta", aseverou.

Neste sentido, Font ratificou a posición favorable da Deputación á proposta sobre os novos emprazamentos de tres novos grupos de emerxencia --A Cañiza, A Lama e Mos/Redondela, este último cunha base en cada un dos dous municipios, segundo concretou a Xunta--.

Pero o deputado provincial tamén criticou a actitude "unilateral" da Xunta e manifestou a satisfacción do goberno provincial "porque finalmente a Xunta acepte" que a Deputación "tiña razón" co seu modelo de isocronas para a provincia.

Finalmente, avanzou que na Comisión de Seguimento, a Deputación exporá que O Grove "entre no sistema dos GES fóra de convenios singulares". "Entendemos que ao ser un istmo só se cubriría o seu territorio, pero foi un compromiso de hai anos da propia Xunta e pediremos que o cumpran", sentenciou.

A XUNTA CELEBRA A POSTURA

Pola súa banda, a Xunta emitiu un comunicado no que celebra que a Deputación acepte a proposta presentada a semana pasada, que incluía a creación de tres novos grupos de emerxencias na provincia pontevedresa.

Nun comunicado, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que a postura da Deputación demostra que a proposta da Administración autonómica para a provincia "era a correcta" e "responde a criterios técnicos de cobertura" e de prestación de atención ás emerxencias.

Nesta liña, apelou a seguir colaborando tanto cos concellos como as deputacións provinciais, para ofrecer "unha mellor atención e tempos de resposta" e "mellorar e completar o mapa de emerxencias que abarca o territorio galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta