Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2020 | Actualizada ás 21:12
A Consellería de Sanidade notificou este martes 15 falecidos máis con coronavirus en Galicia, de forma que o total de mortes ascende ata 1.024. É unha das maiores cifras rexistradas na segunda onda en Galicia. Con todo, supón unha baixada respecto das 21 mortes notificadas o luns --tope desde comezos de abril, coas mesmas vítimas que as rexistradas o 2 de novembro--.
Destas 15 persoas falecidas, sete estaban vinculadas con residencias. Todas presentaban patoloxías previas. Esas sete persoas son: Unha muller de 92 anos ingresada no CHUF de Ferrol --procedente da Residencia As Fragas-Pontedeume--; unha muller de 94 anos no HULA de Lugo --procedente da Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada--; unha muller de 84 anos no Hospital da Mariña --procedente da residencia de San Cibrao de Cervo--; dúas mulleres de 88 e 98 anos falecidas na residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás; unha muller de 97 anos no CHUO de Ourense --procedentes de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás--; e unha muller de 91 anos no Hospital do Salnés --procedente da Residencia DomusVi-Ribadumia--..
O resto dos 15 falecidos son os que seguen. No Chuac da Coruña tres persoas: dous homes de 88 e 71 anos, así como unha muller de 66. Na área sanitaria de Ferrol, no CHUF faleceu unha muller de 54 anos. Tamén un home de 84 anos en Fene.
O resto de falecidos complétanse cunha muller de 83 anos no HULA, un home de 78 anos no CHUO e un home de 72 anos no CHUS de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.