Finalmente haberá un completo informe con vídeos e fotos dos bens que hai en Meirás

Técnicos de Patrimonio da Xunta e do Estado serán os encargados de realizar este traballao parao que teñen un prazo de 20 días naturais que podería ampliarse.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 11/11/2020 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Técnicos de Patrimonio da Xunta, en colaboración con Patrimonio do Estado, elaborarán un informe sobre os bens existentes no Pazo de Meirás, para o que terán un prazo de 20 días naturais, que poderían ser ampliables.

Así se decidiu despois de que a comitiva xudicial, coa presenza da titular do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, Marta Canales, e a letrada da Administración de Xustiza, accedesen ao interior do inmoble, xunto a dous letrados da Xunta, dous da Avogacía do Estado, outro en representación da familia Franco e o representante legal do Concello de Sada (A Coruña).

A eles, sumáronse, catro técnicos da Consellería de Cultura que entraron ao interior do inmoble pasadas as 10,10 horas, un vinte minutos antes da hora fixada para proceder ao comezo do inventario.

Segundo informaron fontes xudiciais sobre o sucedido ata o momento no interior do pazo --onde hai unha ampla presenza de medios e tamén axentes da Garda Civil-- a parella que vive no pazo, os gardas, acompañaron á comitiva xudicial polo exterior e o interior do inmoble. Esta visita incluíu a capela onde están as estatutas de Isaac e Abraham, do Mestre Mateo.

Despois dun percorrido para facerse unha composición do lugar, apuntaron estas fontes sobre o existente o inmoble, acordouse a realización dun vídeo e unha reportaxe fotográfica dos bens que hai no inmoble, tanto no exterior como interior.

RESOLUCIÓN XUDICIAL

Para iso, a xuíza ditará unha resolución na que se aclarará como facelo e dará aos representantes de Patrimonio da Xunta, xunta ao técnico de Patrimonio do Estado, un prazo de 20 días naturais, que podería ampliarse se fose necesario, para realizar un informe que recolla o inventario dos bens.

Estas mesmas fontes precisaron que existe xa "unha base, un inventario" cando se declarou o pazo Ben de Interese Cultural (BIC). No entanto, agora tratarase de concretar todos os bens existentes.

O obxectivo foi evitar calquera traslado por parte dos Franco, o que, tras a decisión xudicial do luns, non poderán facer ata que a xuíza o autorice. A letrada da Administración de Xustiza, encargada de supervisar todo o traballo que desenvolvan os técnicos no interior do inmoble, será a persoa que leve ao xulgado o cartón na que quede recompilado todo o material fotográfico e de vídeo.

Este material quedará baixo custodia xudicial e facilitaráselles unha copia aos técnicos para que poidan realizar o seu informe sobre todos os bens existentes no inmoble, entre os que, ademais de obras de arte e outras pezas de valor histórico, atópase parte da biblioteca da escritora Emilia Pardo Bazán.

Un avogado do Estado, acompañado dun garda civil, colabora na realización do inventario do Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press
Un avogado do Estado, acompañado dun garda civil, colabora na realización do inventario do Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta