Pontevedra súmase ao berro das que non teñen voz

A Concellería Igualdade e o CIM alzan a voz para conmemorar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra volverán alzar a voz para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, converténdose “no berro das que non teñen voz” e reivindicando que a loita feminista continúa máis viva que nunca. “Por nós, polas que virán, polas que xa non están”, como indicou a edil Yoya Blanco.

Despregue da pancarta reivindicativa deseñada polo Concello de Pontevedra con motivo do 25N
Despregue da pancarta reivindicativa deseñada polo Concello de Pontevedra con motivo do 25N | Fonte: Yoya Blanco

O programa de actividades, deseñado neste contexto marcado pola pandemia e elaborado en coordinación co Consello Municipal da Muller, arrancará mañá co despregue dunha lona co lema central 'Xa abonda de minutos de silencio' no balcón da Casa Consistorial. Ademais, colocaranse en diferentes rúas da cidade carteis circulares en cor negro e morado, nos que poderán ler consignas inspiradas no movemento feminista e nas manifestacións do 25N de 2019 como: ‘O silencio tamén mata’, “O machismo é terrorismo’, ‘As rúas e as noites tamén son nosas’, ‘O meu corpo non precisa da túa opinión’.

Unha das partes centrais da celebración do 25N é o ‘Namórate de Ti’, que foi presentado hoxe na Sala de Prensa do Teatro Principal pola concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, quen anunciou que “o manifesto deste ano será redactado pola xornalista Sara Vila Alonso, galardoada en 2019 co premio ‘Comunicar en Igualdade’ polo traballo ‘O noso toque de queda’ e que loita día a día dende o seu posto no Diario de Pontevedra pola erradicación das violencias machistas, a defensa das vítimas e a colaboración co CIM”. Yoya blanco asegurou que  “se a situación sanitaria e as restricións o permiten, farase unha lectura pública dese manifesto o propio día 25 de novembro"

Por outra banda, o programa de actividades inclúe un Obradoiro de Autodefensa Ciberfeminista, que comezará o 18 de novembro e terá por obxectivo formar a mulleres nas estratexias de autodefensa. Yoya Blanco asegurou que este obradoiro é un dos primeiros que se realizan en Galicia con estas características e que “a autodefensa e o apoio colectivo ten como obxectivo responder a quen agreda e apoiar ás vítimas do acoso aproveitando a inmensa capacidade de Internet de crear redes de apoio e acompañamento”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta