Denuncian que xornais "afíns" publican "falacias" para favorer á mineira de Touro

O colectivo Cornado Mina Non pide ao enxeñeiro Ricardo Juncosa, contratado pola empresa para elaborar informes favorables, que rectifique.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O colectivo Cornado Mina Non acusa á empresa propietaria dos dereitos da Mina de Touro de iniciar unha "agresiva campaña"  para ocultar a inviabilidade do proxecto e a falta de aprobación social con "propaganda barata e falsidades en medios de comunicación afíns”, que defenden descaradamente as actividades da mineira.. 

Plataforma contra a mina de Touro na Eurocámara coa eurodeputada Ana Miranda. BNG
Plataforma contra a mina de Touro na Eurocámara coa eurodeputada Ana Miranda. BNG

 

Consideran que están sendo tratados dun xeito "paternalista e pouco respectuoso por xornalistas próximos á mineira" que escriben artigos repetindo "mantras como a sostibilidade, respecto ambiental e progreso". "Estes magos da falacia intentan transmitir unha serie de ideas que menosprecian a identidade e a forma de vida dos habitantes afectados e impoñer un determinado xeito de entender o progreso que prioriza o beneficio empresarial ... e pode deixar unha desfeita ambiental de incalculables dimensións", denuncian.

 

Tamén critican  que o enxeñeiro Ricardo Juncosa, contratado pola mineira de Touro para elaborar informes favorables ao novo proxecto mineiro, deixou caer nos medios de comunicación que a restauración dos ríos, contaminados pola propia mineira, só se levaría a cabo de aprobarse un novo proxecto.

Con todo, lembran que o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en xaneiro do 2020, en sede parlamentaria, rexeitou o proxecto mineiro da mineira de Touro, o cal obtivo unha declaración de impacto ambiental negativa pola súa insostibilidade e por afectar gravemente aos recursos hídricos da zona. Por isto, fíxose pública a obriga da empresa concesionaria dos terreos (Explotaciones Gallegas S.L) de presentar un novo plan de restauración que “salvagarde o estado ecolóxico dos arroyos que conflúen no río Ulla”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta