A Catedral de Santiago pecha de forma temporal a partir deste domingo para terminar as obras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago pecha de forma temporal a partir deste domingo, 15 de novembro, para terminar as obras de restauración que levan a cabo no seu interior.

De tal forma, permanecerá pechada a visitas e actos de culto. Tamén permanecerán clausurados ata novo aviso tanto o Museo como o Arquivo da Catedral.

Segundo informa o Arcebispado de Santiago nun comunicado, "esta medida está orientada a garantir a correcta retirada de medios auxiliares e estadas e o acondicionamento dos espazos para a súa reapertura, de face aos actos litúrxicos de inicio do próximo ano xubilar".

Pola súa banda, a Oficina do Peregrino seguirá aberta todos os días no seu actual horario: de 10:30 a 18:30h horas. O Arcebispado convida a seguir as celebracións eucarísticas no resto de igrexas da cidade. Na capela do Centro de Acollida ao Peregrino (rúa Carretas) celebraranse diariamente misas ás 10,30 horas (en inglés) e ás 12,00 horas (Misa do Peregrino).

Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro.. EUROPA PRESS - Arquivo
Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta