O BNG votará en contra dos PGE por apoiar á "monarquía corrupta" e "non cumprir" con Galicia

Súmase a partidos como o PP, Vox ou Junts.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Junts rexeitou os Orzamentos ao ser "insuficientes" para Cataluña en investimentos e distintas partidas, como dependencia, e por ser desde o Goberno "cómplices" da "criminalización política" ao haber "presos e exiliados políticos", á vez que BNG pediu a súa devolución ao Goberno ao considerar que faltan investimentos para Galicia e non ser "sociais". Pola súa banda, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, preguntoulles se prefiren manter e "resucitar" os do PP do ano 2018.

Néstor Rego, deputado do BNG. BNG
Néstor Rego, deputado do BNG. BNG | Fonte: Europa Press

Durante o debate, o portavoz do BNG, Néstor Rego, rexeitou os orzamentos xerais do Estado de 2021 e censurou que o Goberno central siga sen cumprir con Galicia mentres se incrementen partidas dirixidas á "monarquía corrupta". Rego considerou "inxustificable" esta repartición, sobre todo "despois dos escándalos relacionados coa corrupción dos Borbóns, das contas con millóns en paraísos fiscais e o dispendio con tarxetas opacas, decídase subir o asignado á Monarquía corrupta".

O parlamentario nacionalista advirte de que os orzamentos non cumpren co "país" galego, ao caer os investimentos máis do 11% en relación coas contas de 2018 do PP, "xa de seu insuficientes". Neste sentido, denunciou que hai actuacións urxentes en infraestruturas que non contan con ningunha partida orzamentaria, polo que reclamou maiores investimentos.

Tamén pediu modificar o sistema tributario para que "paguen máis os que máis teñen" e elevar pensións mínimas para equiparalas ao Salario Mínimo.

"CRIMINALIZACIÓN" POLÍTICA

Pola súa banda, a portavoz de Junts no Congreso, Laura Borràs, defendeu este mércores a emenda á totalidade da súa formación aos Orzamentos de 2021 ao ser "insuficientes" para Cataluña en investimentos e distintas partidas, como dependencia, e por ser desde o Goberno "cómplices" da "criminalización política" ao ter "presos e exiliados políticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Bernal Calvo Delaciga

A esquizofrenia habitual do BNG, con tal de ir en contra de Podemos acaba indo tamén en contra dos seus socios de Bildu e Esquerra e, o e que é peor, votando da man de PP e Vox. Non hai ninguén ao mando aí.

2 Riuriu

A mi lo que me parece injustificable es el sueldo del señor Nestor Rego. ¿En tiempos de crisis salvaje cree su bloqueira señoría que se pueden cobrar sueldos así con los dineros quitados por la fuerza a los ciudadanos?

1 Roxalia

Os das Mareas, que eran 6 e doaban boa parte do soldo, non vos valían. Agora non choredes e disfrutade do votado.

1 Gamela

O máis cuco da Ministra foi o ton co que se dirixiu a Rego para lembrarlle que "non se esperaba que un grupo progresista coma o BNG votara coa caverna" (non é literal pero casi) ! Como nos precisen do disputado voto do Sr.Rego aposto que Galicia vai perder financiación seguro ! Os socialistas sempre teñen mal perder, e se non estás con eles, necesariamente estás CONTRA DELES ! E se non mira como as gastan no Concello da Coruña !!!