Por E.P. | MADRID | 11/11/2020 | Actualizada ás 21:21
O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, anunciou este mércores que impulsará o "apoio expreso" dos Concellos" á implantación da aplicación Radar COVID.
O tamén rexedor de Vigo explicou a proposta para que desde os Concellos se impulse entrar no sistema telemático de Radar COVID ao considerar que "é unha axuda inestimable" e, neste sentido, avanzou que se promoverán campañas para que o sistema teña "a máxima implantación posible".
"Utilizar este sistema facilita o labor ao ámbito sanitario e é da maior importancia", recalcou o presidente o presidente da FEMP, que asistiu ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
Na que supón a primeira vez que neste órgano de coordinación estivo representada a FEMP, Caballero subliñou a firme vontade de colaboración de Concellos, Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares, unha cooperación que, asegurou, quedou patente durante toda a pandemia e continuará "todo o tempo" que sexa necesario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.