Contratos "a dedo", medidas improvisadas e "abusos caciquís" no Sergas, segundo Prosagap

Sanitarios acusan á Xunta de "empregar a pandemia para estender máis a precariedade".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 08:45

Comparte esta noticia

Sucédense as críticas no seo do sector sanitario contra a política da Consellería de Sanidade. Desta vez, é a asociacións PROSAGAP a que vén de expresar a súa “oposición radical” á política laboral sostida polo Sergas. Segundo o colectivo, a Xunta está a “empregar a pandemia para estender máis a precariedade” co obxectivo de “rematar coas garantías de acceso ao emprego público”.

Sanitarios traballando durante as probas de cribado de covid-19 con test de antígenos en pavillóns deportivos da cidade. No Pavillón Deportivo Piñeiro Montano. En Sevilla (Andalucía, España), a 28 de outubro de 2020.. María José López - Europa Press
Sanitarios traballando durante as probas de cribado de covid-19 con test de antígenos en pavillóns deportivos da cidade. No Pavillón Deportivo Piñeiro Montano. En Sevilla (Andalucía, España), a 28 de outubro de 2020.. María José López - Europa Press

Os ataques de Profesionais da Sanidade Galego Pública contra a “contratación caciquil” da Xunta vén de estalar coa publicación do “Plan de continxencia en Materia de Recursos Humanos (covid)” O documento recolle as medidas presentadas pola Consellería de Sanidade para tentar fornecer o sistema público sanitario de cara á segunda vaga de covid que está a golpear os hospitais galegos.

PROSAGAP carga contra o plan porque considera que pretende perpetuar “medidas de urxencia” que resultan, en moitos casos “lesivas” para os dereitos do persoal sanitario. “Puideron ter xustificación  no curto prazo ao inicio da pandemia, pero que non teñen xa cabida logo de máis  de oito meses”, explican nun comunicado. Deste xeito, claman contra a ampliación “sine die” dunhas medidas que foron tomadas, ao seu ver, “de xeito improvisado e á deseperada”. 

"ABUSOS E INTIMIDACIÓNS"

As críticas da asociación, con todo, céntranse en que os recursos presentados polo Sergas apóianse nas “necesidades e a vocacións” dos profesionais para incorrer nun “ataque moito maior ós dereitos laborais do persoal sanitario do xa sufrido en marzo e abril”. Segundo destacan, a maior parte da política de “fidelización “ dos profesionais  e a necesidade de “ garantir  a suficiente dispoñibilidade  de profesionais sanitarios “está fundamentada  en  “feitos tan abusivos  e intimidantes como poden ser  negarlle o dereito ás  traballadoras  eventuais  a  pedir una suspensión de chamamentos  por non poder conciliar  a  súa vida familiar”.

Nun sentido paralelo, recollen entre os “abusos” do Sergas “tras ofrecer como premio á  dispoñibilidade 24/365 unha puntuación adicional para subir postos na lista,  este se poida perder polo mero feito de enfermar”. Todo estes elementos, din dende PROSAGAP, abren a porta a un modelo de contratación “caciquil” e “a dedo”, “rematando así con calquera tipo de garantías tanto no acceso ao emprego público  como nos propios requisitos necesarios para  levar a cabo a conseguinte contratación”.

“Este Plan de continxencia -sinalan- non é mais que una pantomima . Está feito ás costas do propio persoal sanitario e dos seus órganos de representación democrática”. Por esta e outras razóns, a asociación cualifica o Plan de Continxencia como “escravista e caciquil”, feito ante o cal chaman a todos os sindicados a se erguer da mesa de negociación “como sinal de rexeitamento”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta